András, 17 maio de 2026
Hai escritoras que chegan tarde á literatura porque estaban ocupadas en outras cousas mais urxentes: defender unha lingua, discutirlle ao poder, plantarse fronte á manipulación informativa do PP, combater polo feminismo... Begoña Caamaño, homenaxeada este 17 de maio no Día das Letras Galegas, pertence a esa rara especie de autoras que non separan literatura e vida.
Baixo o franquismo, homenaxear á literatura galega era un xesto de resistencia cultural. Hoxe, sigue sendo unha disputa polo relato e por defender unha lingua que os dirixentes da dereita tratan de acantonar.
Nese mapa simbólico é donde encaixa Begoña Caamaño. A súa incorporación ao cartel dos 17M no recoñece so a unha narradora brillante e tardía, senón a unha intelectual e humanista, alguén que interveu no séa tempo a través do seu pensamento. E ela fíxoo sen necesidade de aparentar neutralidade.
Antes de novelista, Caamaño foi, sobre todo, periodista, e a súa convicción levouna a enfrontarse á degradación dos medios públicos autonómicos, como unha das voces críticas contra a manipulación informativa e a colonización partidista por parte do PP, guerra que a moitos dos seus compañeiros lles costóu as súas carreiras profesionais pola represión exercida, en aquel momento, polo goberno de Feijóo.
Este ano, entre gaitas, actos institucionais e lecturas escolares, Galicia escoitará unha que nunca foi dócil. Unha muller que publicou o seu primeiro libro aos 45 anos, unha muller con unha voz madura e unha proposta literaria diferente, unha muller reivindicativa, feminista. Unha muller que só publicou dúas obras e que, coa súa norte temprana, deixou unha sensación de obra interrompida.
https://www.youtube.com/watch?v=FoBnh9o5GIA&list=RDFoBnh9o5GIA&start_radio=1
No hay comentarios:
Publicar un comentario